Tuesday 14 de May de 2024

A artista coruñesa María José Rodríguez presenta a súa exposición “Mistur-arte” mañá venres no centro cultural de Sigüeiro


“A arte da pedagoxía extrapolada aos diferentes ámbitos artísticos”. Deste xeito define a súa obra a artista coruñesa, residente en Vilagarcía, María José Rodríguez, que mañá venres 16 de xaneiro, ás 20:30 horas, presentará no centro cultural de Sigüeiro a súa exposición “Mistur-arte”. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Rodríguez estará acompañada polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás. A exposición poderá visitarse no centro cultural de Sigüeiro ata o próximo 28 de xaneiro.